Arranca o EpDLab 2002/23 cun obradoiro no que Roi nos fixo reflexionar sobre a educación, amosándonos de forma gráfica e contundente a necesidade da educación para o desenvolvemento social e persoal. Esa necesidad faise máis evidente se temos en conta que ese dereito fundamental non está nin recoñecido nin garantido en moitos países. A pregunta de Que queres ser de maior? deu moito de si ao cambiar a perspectiva. Que pasa se non tes acceso aos estudos que te permitan ser médico, informática, enfermeiro, mestre, albanel….?

Na segunda parte da sesión falamos tamén do cambio climático dende distintas perspectivas, tanto no que ten que ver co ecolóxico coma co social: conflitos bélicos e migracións provocados polo cambio climático e a escaseza de agua son xa unha realidade que non desaparecerá nos vindeiros anos.

Para rematar, o alumnado elaborou cartelería coa App Phonto, para trasladar a súa mensaxe sobre o dereito á educación.

Un pracer contar un ano máis con Agareso e Roi no noso centro, para seguir aprendendo con eles.