O pasado venres botou a andar a oitava edición do proxecto de cooperación EPDLab. O noso centro, que vén participando dende o comezo e habitualmente co grupo de 2⁰ da ESO, acólleo coa máis ilusións ca nunca, pois este ano está cheo de novidades. Sorpresas, que son froito da entrevista a alumnado doutros anos e que iremos desvelando pouco a pouco. Obradoiros de análise, debate e denuncia social, elaboracións de memes, videocartas con escolas de Latinoamérica e o Hackathón repetiranse de novo. E moitas máis cousas que María e Roi argallaron e nos contaron no IES de Bríón na finde, aos centros participantes: o anfitrión, o Illa de Ons de Bueu, o Pintor Colmeiro de Silleda, o Praia Barraña de Boiro e o Carlos Casares de Viana!