O pasado día 17 acudiu ao noso centro Carolina Lodeiro, quen a finais de curso avalía a execución do proxecto #epdlab no noso IES. Aproveitamos ese mesmo día para que o alumnado de 2ºESO presentase o proxecto ao de 1ºESO, que o ano que vén traballará con AGARESO. Alegrounos moito a felicitación de Carolina pola presentación deste proxecto e o traballo realizado!