E tras moito aprender, chegamos ao derradeiro obradoiro deste curso. E, precisamente, hoxe comezamos repasando as sesións pasadas, lembrando momentos xa vividos e aprendizaxes que xa pasaron a formar parte de nós.

Despois seguimos aprendendo, esta vez o tema era a cooperación internacional e, máis concretamente, o voluntariado, como mecanismo para o cambio social. Escoitamos as experiencias de diferentes voluntarios e sacamos as nosas conclusións.

Por último, saímos a fóra e fixemos un microvídeo para invitar a participar no voluntariado nunha ONG da elección de cada grupo.

Grazas o epdlab xa somos moito máis conscientes da necesidade do cambio social.