Tras dous anos de distancia social, con parte do proxecto a distancia, e despois de levar a cabo reunións e Hackaton virtuais, por fin, o pasado 5 de maio, todos os grupos participantes no Epdlab puidemos reunirnos en Bandeira, para coñecérmonos e compartir aprendizaxes para o cambio social.
Nada máis chegar Roi comezou a dividir á rapazada por equipos, con números do 1 ao 5. En grupo decidían qué tema vistos no Epdlab lles parecía máis interesante para tratalo no vídeo que ían realizar.
Tamén o pasaron ben, descansaron e xogaron xuntos, ademais de compartir a comida. E, despois de comer, responderon uns carteis con preguntas, relativas ao aprendido e ao que lles gustaría seguir aprendendo. Ao acabar a actividade, viron xuntos os vídeos realizados e fixeron memes.
O mellor foi a xente nova que tivemos a oportunidade de coñecer, ademais de facer novos amigos.
Gustaríanos repetir a experiencia no futuro! E queremos seguir aprendendo co Epdlab.