No 5º obradoiro do EpDLAB no Praia Barraña falamos de “Consumo responsable”. Primeiro Roi mostrounos unha ferranenta na web para calcular a nosa “Pegada ecolóxica” e descubrimos que precisaríamos 4 ou 5 Terras para seguir mantendo o noso consumo. Despois axudounos a ir descubrindo o impacto que teñen os nosos hábitos de consumo no medio ambiente. Falamos das estratexias publicitarias para incitarnos a consumir, dos residuos que xeramos, do aceite de palma,…
Reflexionamos sobre que podemos facer e que é a contrapublicidade.
Para rematar fixemos con Canva uns carteis de contrapublicidade para denunciar as prácticas abusivas de algunhas marcas.