Podo dicir que este foi un dos obradoiros que máis nos fixo pensar sobre o que estamos facendo mal na sociedade actual e as graves consecuencias que iso pode ter para o futuro da humanidade.
Nel traballamos termos como “pegada ecolóxica” e consumo excesivo en áreas como a alimentación e o textil e as graves consecuencias que iso pode acarrear. Tamén medimos o grao de responsabilidade de cada un de nos, facendo un test do nivel de consumo particular. Por certo, sorprendeunos moito descubrir que os sector textil é un dos mais contaminantes do planeta e que desperdicia un recurso tan importante como é a auga na súa fabricación.
Tamén reflexionamos sobre a deslocalización das empresas por razóns económicas e as consecuencias que isto ten, tanto no que respecta os dereitos laborais dos traballadores como os dereitos humáns.
E o servizo deste consumo desmedido están as distintas estratexias que utiliza a publicidade, en moitas ocasións bastante enganosa. En contrapartida, traballamos a contrapublicidade, facendo anuncios que dan a volta a mensaxe orixinal.
A conclusión final foi esperanzadora, que todos podemos contribuir a mellorar a situación e, pouco a pouco, ir diminuindo a pegada ecolóxica do consumismo, consumindo menos, comercio xuto, activismo… Temos mais claro que debemos ir cara un mundo diferente, neste e en moitos outros temas dos que reflexionamos en EpdLab.