No obradoiro de hoxe, aprendemos moito sobre o noso consumo, a nosa pegada ecolóxica e sobre o prezo que hai detrás de todo o que consumimos, coa finalidade de mellorar a nosa forma de consumir e ser máis responsables. Vemos cantas “terras” nos farían falla a cada un de nós para vivir co noso ritmo de consumo diario e, tamén, o que hai detrás das marcas que consumimos con frecuencia.
Logo falamos do efecto que busca a publicidade e comprendemos o que é a contrapublicidade, ademais da súa importancia para cambiar as malas prácticas de algunhas destas empresas. Concluimos creando contrapublicidade en grupos.