No IES Carlos Casares de Viana, no obradoiro #epdlab de hoxe, analizamos por un lado o tremendo uso e abuso que estamos a facer do planeta, e por outro as tremendas desigualdades que isto xera, podendo dicir que a maioría da poboación está ao servizo da outra minoría.

Calculamos a nosa pegada ecolóxica: enlace https://twitter.com/epdlabviana/status/1516371816180244481?s=03

Ohhhhh!! Vemos que para soster o noso modo de vida precisamos de máis dun planeta coma o que temos!! A nosa pegada ecolóxica é graaaande de máis… Enlace https://twitter.com/epdlabviana/status/1516373849914634240?s=03

Un exemplo de desigualdade: para fabricar roupa abarátanse custes producindo en países como Bangladesh, que ademais de ser un país pobre é un país contaminado e con leis menos estritas. Isto ten un gran custe tanto para as persoas do país produtor, que para nada se enriquecen, coma para o planeta.

Finalmente, fixemos uns traballos de contrapublicidade para contrarrestar moitas das mensaxes consumistas, simplistas e irreais que vemos a diario. Aquí van: