O obradoiro de hoxe foi moi espacial porque coñecimos aos compañeiros que participan neste proxecto dende o outro lado do charco, dende o Batei La Balsa na República Dominicana.
Para comezar Roi axudounos a coñecer moitas cousas interesantes sobre a República Dominicana: xeografía, economía, clima, música, baile, gastronomía, costumes, etc… Roi fíxonos reflexionar sobre as diferencias culturais, sociais e forma de vida e pouco a pouco foi achegándonos á rapazada do Batei La Balsa.
Presentáronse eles mesmos a través dunhas video-cartas, mostrándonos a súa escola, o seu batei, os seus xogos, o seu baile, a súa música… a súa vida. Encantounos a súa expresividade, a súa alegría e ganas de enseñárnoslo todo. Encantounos coñecelos.
Despois de presentarse fixéronnos algunhas preguntas sobre nos, a nosa escola, as nosas costumes, a nosa vida… E puxemonos mans a obra, mais ben ao video, pois gravamos nos tamen unhas video-cartas presentándonos e mostrándolles a nosa realidade.