No obradoiro de hoxe coñecimos unha realidade educativa dun país moi diferente ao noso, a República Dominicana. Aprendimos a situala no mapa e vimos cal é o principal sustento da súa economía, o turismo.

A continuación, falamos das desigualdades sociais na educación deste país respecto ao noso, e dos bateys.

Poidemos coñecer, a traverso das video-cartas, como son os rapaces alí, onde estudan e que fan para divertirse no tempo de lecer. Démonos conta das grandes diferencias e das semellanzas entre a educación deste país e as condicións que teñen nos centros educativos, coas de aquí. Chamoulles moito a atención o feito de que so teñan dúas horas de luz e auga o día nas escolas.

Ao rematar, fixemos as nosas grabacións en vídeo para ensinar o noso centro e as actividades que practicamos nel, con moitas gañas de que eles, ao outro lado do Atlántico,  tamén coñezan a nosa realidade.