Hoxe aprendemos moito sobre a República Dominicana, comezando por situala no mapa e rematando polo seu maior sustento económico. Despois, fixemos unha visita virtual ao Batey La Balsa, cuns vídeos nos que a rapazada nos ensinaba onde vivían, onde estudaban e onde pasaban o tempo libre. Esta foi a nosa parte favorita, xa que, nesta visita interactiva, reparamos nas diferenzas e semellanzas entre o seu ambiente e o noso. Chamounos moito a atención que só tiveran dúas horas de luz e de auga ao día na escola, o seu ximnasio e o estado dalgunhas das súas casas; mais tamén nos sorprendeu a súa música improvisada e ver como xogaban ao béisbol.

Por último, vemos uns vídeos nos que nos facían preguntas e nos pedían unha resposta, así que, con moitas ganas, saimos  da aula en pequenos grupos, para grabar as nosas videocartas, tanto no interior como no exterior do instituto. Quedamos con vontade de máis!