Este mes tivemos o terceiro obradoiro de EpDLab. Nunha primeira parte, centrámonos no tratamento dos medios de comunicación cara as persoas migrantes. Intentamos inquirir de que falaban unhas novas de xornal sen ter todas as palabras e reflexionamos sobre a importancia da linguaxe. Resulta interesante ver como ano tras ano percibimos unha evolución e son máis consciente dos estereotipos que sofren algunha culturas. Ademais, fronte as mensaxes de carácter racista que reciben os adultos por grupos de Whatsapp ou medios tradicionais, nas aula temos unha realidade na que se integran de forma natural persoas de diferentes culturas ou procedencias. É difícil soster un discurso racista cando entre os amigos cos que vas xogar ao patio hai un de Romanía outro de Colombia. Ao igual que pasa coas diferente identidades sexuais, o feito de normalizar a relación con persoas de diferentes países fai que estean nun punto moi por diante que a xeración dos docentes.
Aínda así cómpre traballar nas razóns do racismo, nos mecanismo que emprega, porque non basta con normalizar as relacións persoais dende as escolas hai que educar nunha visión máis estrutural. Por iso, no segundo bloque falamos das persoas xitanas, do estigma que lles persegue e da responsabilidade que nós, como sociedade, temos. Fixémolo a través duns materiais adaptados da Fundación Secretariado Gitano a partires dos cales reflexionamos sobre os estereotipos que sofre esta comunidade e dos que moitas veces participamos. Esta parte sempre deixa pegada no alumando xa que non adoitan falar das persoas xitanas na aula e failles reflexionar e cuestionar porque descoñecen esta cultura.
Para rematar, fixeron meme. Deste ano creo que racharon todos os records con cerca de 100 memes entre os tres centros. Invitámosvos a visitar á galería e partillalos, para iso se fai un meme!