Neste obradoiro de Epdlab traballamos coas noticias de prensa relacionadas coa inmigración e vimos como se presentaban e como se utilizaba a linguaxe para predispoñernos. Reflexionamos sobre como se presentan as novas para buscar unha reacción e aprendemos a facer memes para combater os estereotipos racistas.