Hoxe aprendemos con Roi a filtrar as novas que lemos e non deixarnos enganar polas noticias falsas que cada día chegan ao nós a través de diferentes medios de prensa ou na rede. Poden buscar o humor, mais algunhas teñen un fin moito peor: o de transmitir o discurso de odio cara a un determinado grupo de persoas.

É importante aprender a identificalas e, sobre todo, non deixar que modifiquen o noso pensamento e o torzan cara ao odio. Por iso, fixemos vídeos contra o discurso de odio.

Que aprenderemos no próximo Epdlab?