O pasado día 1 de decembro, no IES ILLA DE ONS tivemos a segunda sesión do proxecto EPDLAB para este curso. A temática foi moi diferente a da primeira sesión. Esta vez tocou reflexionar sobre a veracidade das noticias que nos chegan dende distintos medios de comunicación, especialmente pola Internet.

En grupos traballaron para identificar as noticias verdadeiras e as falsas, e quedou claro que, ante as mesmas noticias, hai división de opinións.

Ademais disto, falouse de distintos temas como  a obxectividade e a subxectividade das noticias ou apariencia de verdade dalgunhas.

A interpretación de distintas fotografías, con e sen texto, serviu para visualizar a manipulación das mensaxes, e cómo poden levarnos cara opinións determinadas sobre situacións de racismo, xenofobia, prexuizos relixiosos… Relacionado con isto, falamos do dircurso do odio, que vai implícito nesas noticias e que teñen so ese obxectivo.

A realización dun tets serviu para desbotar certos prexuizos que podemos ter sobre os inmigrantes e a súa relación coa violencia.

Na segunda parte da sesión, as rapazas e os rapaces grabaron un vídeo sobre distintas visións da migración, aportando informacións reais que axudarán  a desmentir bulos instalados na nosa sociedade.

En definitiva, seguro que agora temos as cousas máis claras á hora de decidir qué podemos crer e qué non de toda esa información que nos chega cada día…!!!