Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.
Escoitar para visibilizar as violencias invisibles
Este mes arrincamos unha nova edición de EpDLab. Coas mesmas ganas de sempre sobre todo coa vontade de retomar a presencialidade nas actividades de forma continuada. As aprendizaxes e os traballo feito o ano anterior […]