No primeiro obradoiro feito o pasado 24 de novembro no IES ILLA DE ONS, traballamos o tema da representación de xénero nos medios e as violencias machistas. A través de distintas imaxes publicitarias dalgunhas marcas recoñecidas  de roupa, incidimos na representación da muller coma un “obxecto” , mostrándoa insegura e medorenta , frente a seguridade que reflicte a publicidade masculina. O debate posterior sobre a interpretación das fotografías vistas tivo unha gran resposta por parte das rapazas e rapaces.

Na segunda parte do obradoiro, tratouse o tema da muller coma “produto” e os estereotipos e as diferenzas nas esixencias na forma de vestir de homes e mulleres no traballo ( sobre todo na televisión).

Rematamos falando de distintas formas de violencias de xénero.

Esperamos seguir implicándonos cada vez máis nas sesións do obradoiro que nos quedan por diante.