Hoxe comezamos cos obradoiros, centrándomonos no tema da desigualdade de xénero e o seu tratamento nos medios de comunicación.
Comezamos vendo as nosas propias impresións, reflexionando sobre a representación e a visión das mulleres como obxectos. Logo comparamos os nosos propios titulares de prensa sobre deportistas femininas con algúns reais, para logo descubrir que o sesgo machista de moitos medios de prensa.
Tiramos conclusións do aprendido mediante o uso de plickers para responder a unha enquisa e, finalmente, saímos ao patio a tirar fotos para logo engadirlles un lema contra o discurso machista.
Xa temos ganas de que chegue o próximo obradoiro de EpdLab!