Comezamos unha nova edición de Epdlab no instituto IES de Brión. Neste curso será o grupo de 1ºA o escollido para levar adiante este proxecto co que tanto aprendemos e estamos moi ilusionados!

Puxémonos en marcha coa visita de Roi que nos presentou o proxecto e nos axudou a cubrir unha enquisa que xa nos fixo pensar nalgúns dos temas dos que imos falar nas próximas sesións.