O 21 de xuño, o alumnado de 2⁰ da ESO presentou ao alumnado de 1⁰ o proxecto #epdlab , que este último desenvolverá o vindeiro curso. Un proxecto de análise de problemas sociais que nos rodean, como as desigualdades sexistas ou o racismo. Parabéns a ambos grupos, pola exposición e polas interesantes preguntas feitas. Ademais, acompañounos Alex, de Wayna, para facer unha avaliación global do proxecto deste curso.