No obradoiro desta semana comezamos repasando aqueles coñecementos, valores e competencias que fomos coñecendo e incorporando durante a andaina deste ano no #epdlab. Todas as reflexións foron compartidas no padlet da aula virtual de @agareso, xa que este foi un obradoiro virtual.

Logo coñecemos de primeira man como algunhas das persoas vinculadas ao proxecto (coordinadorxs, docentes…) desenvolven labores de voluntariado e cooperación internacional, e fixemos un pequeno cuestionario de avaliación sobre o que nos ían contando en formato vídeo.

Finalmente, tocaba poñer en marcha o aprendido, así que, logo de informarnos sobre algunhas ONGs que traballan contidos afíns a este proxecto, utilizamos TicToc para deseñar unha campaña publicitaria para unha delas.