Hoxe, María comezou un taller cheo de dúbidas. A rapazada non tiña moita idea sobre o tema deste taller, pero pouco a pouco foron abrindo os ollos e sorprendéndose cos trucos da publicidade, o impacto no medioambiente e nas comunidades dalgunhas marcas, o propio impacto do seu consumo, etc.
Despois de ver varios exemplos de contrapublicidade e comentalos, foron eles os que crearon a súa propia contrapublicidade, elixindo unha marca e modificando despois a publicade da mesma para crear, así unha mensaxe moi distinta.
Esperamos con moitas ganas a seguinte sesión, que será a última.