Voltamos a contar coa axuda de Roi para achegarnos ao consumo responsábel. Ao comezo o alumnado non tiña moi claro en que consistía exactamente consumir con responsabilidade. Pero pouco a pouco foron sacando as súas propias conclusións. Interesoulles moito ver os trucos visuais para grabar os anuncios publicitarios. Tamén gostaron de ver o impacto da industria alimentaria e o entramado de empresas que as conforma. Unha vez máis o tempo e os problemas coa tecnoloxía fixeron que a última fase da sesións correra a fume de carozo. Ainda así o alumnado entendeu perfectamente en que consiste a contrapublicidade e foi quen de realizar co CANVA uns deseños ben creativos e xeitosos