Moitas veces as marcas comerciais venden unha cousa pero a realidade é que para producila non cumpren cos principios que nos transmiten a través da publicidade. Este é un obradoiro crítico, no que o alumnado analiza a fondo o impacto da publicidade en determinados produtos e é capaz de elaborar un meme ou vídeo denunciando, criticando, parodiando incluso os falsos principios que atopan polo medio. Este foi o penúltimo obradoiro, o último dos presenciais, e aledounos ver de novo en acción a María Lobo en 2º ESO.
Obradoiro presencial: contrapublicidade
Por viana|2021-06-22T11:16:44+02:0022 Abril, 2021|Blog, Contrapublicidade, Economía solidaria, Fotografía, Gifs, IES Carlos Casares, Medios, Memes, Sustentabilidade e medio|