Este día tivemos a sorte de contar coa axuda de Sonia. Certamente os astros da tecnoloxía non estaban alineados con nós 😉 Levamos arrastrando ese problema varias sesións. Con todo e iso a ilusión e a enerxía por tentar comunicarnos pagou a pena. A proposta do encontro é moi positiva, máis as dificultades técnicas arrefrían o que podería ser un espíritu de construción e creatividade en rede. Nos tempos que corren, poder facer unha xuntanza física é imposíbel pero cada vez é máis necesario. De todos xeitos, coido que ao alumnado fíxolle moita ilusión poder chatear con alumnado de outros centros e gardaron bastante ben as formas