Este ano o Hackaton foi a distancia e, como tal, foi unha experiencia nova, non só para nós, senón tamén para os seus organizadores. Enfrontáronse a problemas como moderar un chat con un cento de persoas e fixérono moi ben.
No Pintor Colmeiro fomos seguindo moi ben a actividade e emocionáronse moito compartindo no muro de padlet os seus gustos e aficións. Tamén coñeceron á rapazada dos outros instis, grazas ás redes sociais.
Despois repasamos todo o que levamos aprendido en obradoiros anteriores e saíron temas interesantes de conversa, como por exemplo, recoñecer varios alumnos e alumnas que sufriron algunha vez o discurso de odio: por motivos da súa orixe, a súa sexualidade, o seu peso, etc. Deunos para falar un pouquiño, pero estaban moi nerviosos polo chat e pola actividade.
Especialmente, chegou o máximo nerviosismo cando estiveron sete minutos, que se lles fixeron moi curtos, nun chat co alumnado de outros institutos. O obxectivo: elaborar un eslogan e crearon xuntos varios moi interesantes.
Logo saímos a grabar e metéronse moito no papel de creadores dunha campaña, aínda que se lles complicou o uso do patio, por estar ocupado por outros alumnos máis maiores boa parte do tempo, pero puideron grabar grazas a un comportamento moi bo por parte deses outros grupos.
Vémonos de novo no terceiro trimestre!