Voltamos unha vez máis a realizar unha sesión en solitario. Neste caso unha acción ben interesante para achegarnos a outras latitudes e outras realidades. Un achegamento á República Dominicana con uns videos moi ilustrativos. Foi unha mágoa non ter realizado un vídeo dende a perspectiva do noso alumnado orixinario da R.D. No instituto do Milladoiro este ano somos 21 nacionalidade diferentes. A idea das video-cartas é moi ben acollida entre o alumnado, pero non lles parecía boa idea mostrar o noso instituto unha vez vistas as súas video cartasdende o Batey. Así pois, optaron por realizar unha video-creación conxunta con mensaxes diversos e un fondo das escaleiras do propio instituto