Vén de desenvolverse este xoves 18 de febreiro o cuarto obradoiro do #epdlab, o segundo virtual. Logo de confinamentos ou pseudoconfinamentos puntuais e dun ano sen apenas movementos, este obradoiro foi fundamental para abrir a nosa comunidade ao mundo e traer o mundo a nós. Durante a primeira parte do obradoiro o alumnado de Viana achegouse, mediante esmeradas actividades quiz e de busca, ás diferentes comunidades da República Dominicana que participan no proxecto. Posteriormente, saíron ao patio coa intención de elaborar pequenas cartas de presentación en formato vídeo. Toda unha experiencia neste ano tan raro para a realización de actividades.