Hoxe aprendemos con Roi sobre a importancia das palabras, comezamos vendo un uso prexuizoso do termo “gallego” e seguimos por ler noticias e fotos sobre as que a rapazada sacou ideas. Fomos falando do peso das palabras, de como condicionan a nosa percepción do mundo e, sobre todo, aprendemos a importante diferenza sobre “ser” e “estar” e mediante choivas de ideas, reflexionamos sobre o importante que é coñecer a cada individuo, sen importar a súa procedencia.

dav

Rematamos creando memes contra o racismo, unha actividade na que o alumnado se divertiu moito.

dav

Xa temos ganas de que chegue a próxima sesión!