Nesta sesión voltamos a contar coa presencia facilitadora de Roi. A importancia do léxico e o coidado nas expresións é un bo xeito de enlazar co momento “meme”. Fíxolles reaxir o video sobre a definición de “Gallego” de Rosa Díaz. Na clase, posteriormente, tamén buscamos no diccionario a definición de Galego/a (que ao ser unha edición antiga contemplaba a acepción de paleto). Pero ao mesmo tempobuscamos a definición de Xitano/a e ainda está asociado ao epíteto despectivo e pexorativo “trapacero”. Realizar memes contra o racismo foi unha actividade, ao contrario que a de edición de video, moito máis rápida e intuitiva.