Unha vez pasado certo tempo podemos facer unha reflexión do acontecido.

A actuación das persoas do grupo durante este primeiro obradoiro veu a demostrar como ás veces as persoas convertimonos a nós mesmas en líderes de opinión e herméticos á hora de receber información, crendonos que xa o sabemos todo. Estas opinións tan contudentes e pouco humildes son un reflexo do vemos día a día nos medios de comunicación de masas e redes sociais, xustificando e incluso facendo protagonistas ás persoas máis retrogadas e conservadoras.

A negación e xustificación das actuacións machistas de certos periodistas fixo saltar a voz de alarma sobre como estabamos a educar ao grupo, pero non todas as persoas do grupo estaban dispostas a asumir responsabilidades por simplemente calar ante certas persoas que falaban como se fora en nome de todas e cunha agresividade que botaba para atrás calquera replica (algo que é moi habitual na sociedade, o medo a replicar ao fascismo dada a nosa historia non resolta cunha dictadura fascista).

A solución pasou por que alguén lles dixera claramente: non representades ao grupo é momento de que calades e deixedes falar ao resto (que claramente quería un cambio e alonxarse de certas actitudes, non foi fácil sobretodo para as persoas que estaban no punto intermedio da amizade e do moralmente correcto).

Unha titoría moi productiva a producida a continuación do obradoiro, coa que por fin poidemos coñecernos mellor como grupo e saber o que queremos como tal.