Neste segundo obradoiro sobre subxectividade, bulos e fake news aprendemos a como recoñecer noticias falsas e ser máis críticas/os coa información que recibimos. Na parte práctica centrámonos en combater o discurso do odio que se crea en torno á inmigración, elaborando pequenos vídeos onde se recrearon situacións nas que se argumentaba para acabar cos bulos sobre ese tema.