Hoxe estivemos traballando no noso xeito de recibir as novas que veñen nos medios de comunicación. A través de varias actividades e as video-explicacións de Roi e María, aprendemos de subxectividade, da existencia de bulos ou fake-news e sobre o discurso de odio, existente tanto en titulares ou noticias, como nas fotos, que tamén son subxectivas. Por último, saímos ao patio a pasalo ben mentres desmontabamos unha serie de bulos utilizando os móbiles para crear vídeos.