O proxecto EpdLab 20-21 arrincou este mes coa súa primeira actividade de aula. Esta edición, tocaron reformas, e tivemos que adaptar parte do formato e da estrutura á realidade do Covid. Este cambio non foi especialmente complicado, en gran medida polas facilidades do equipo de docentes que nos acompaña e, doutra banda, polas aprendizaxes tiradas da adaptación á contorna dixital que fixeramos o curso anterior.
EpdLab é un proxecto que aposta pola innovación e polo emprego das narrativas dixitais na aula así que tocábanos demostrar que estas ferramentas poden ser útiles no traballo educativo. Porén, este curso imos facer dous obradoiro ao trimestre: un deles presencial e outro virtual. O obradoiro deste mes de novembro foi o primeiro presencial e nel revisamos a representación de homes e mulleres nos medios e como esta pode afectarnos.
É unha sesión que habitualmente funciona moi ben e desta vez funcionou igualmente ben. É unha temática que se leva reforzando dende as institucións educativas varios anos e a que, ademais, resulta imposible ser indiferente xa que nos toca a todas as persoas. Levamos anos facendo que sexa a primeira precisamente por iso, porque é algo próximo, que lles interesa e que nos permite a nós tamén coñecer ao grupo.
Malia tratarse unha sesión presencial optamos por integrar tamén o traballo na aula virtual. Anteriormente, faciamos varias actividades en grupos pequenos con post-its, cartolina, fotografías,… que este ano non se podían facer. Por iso, decidimos trasladar estas actividades a formato virtual empregando Moodle, H5P, Mentimeter e Padlet probablemente, as ferramentas ás que máis uso lle imos dar neste curso. Desta maneira, a participación artellámola a través da devandita aula virtual que nos permite ir proxectando os resultados, o que nos sirve canalizar a participación e guiar os debates.
Tamén tivemos que adaptar a parte práctica xa que a app Madlipz, co que traballamos en anos anteriores nas dobraxes, agora vincúlase con uso de bitcoins así que mudamos en troques das dobraxes desta vez fixeron diálogos escritas para escendas de series e programas de TV. Os resultados podédelos ver neste enlace. Como comprobaredes, cambian as metodoloxías pero a creatividade do alumnado segue intacta.