Este pasado luns a primeirísima hora da mañá, o noso alumnado participante no EpDLAB conectouse á rede para comezar co primeiro dos obradoiros sobre narrativas dixitais no que van tomar parte. María foi a encargada de guiar ao grupo que traballou sobre os estereotipos sexistas e coñeceu unha nova ferramenta: Phrase-it coa que xa elaboraron os seus primeiros traballos. Analizaron campañas publicitarias, reflexionaron sobre o mitos do amor romántico con varios exemplos de series e programas moi coñecidos e finalmente elaboraron as súas propias propostas para desfacer os estereotipos sexistas e promover a igualdade.