Hoxe Roi visitou o grupo de 2º ESO B para dar comezo ao BLOQUE I IGUALDADE E INCLUSIÓN SOCIAL. Dunha forma moi amena e didáctica, que comezou preguntando polas expectativas da rapazada, fómonos achegando aos conceptos de sexo, xénero e identidade, así como aos estereotipos que se lles asocia, tanto a nivel social como por parte do grupo.
Comezamos cunha actividade na que aparecían unha silueta “feminina” e outra “masculina” ás que debían asociar a súa idea de que era ser “muller” e que ser “home”. Logo, Roi fíxonos reflexionar sobre como eses adxectivos podían, na súa maioría, aplicarse aos dous.
Seguimos con fotos de modelos masculinos e femininos e o alumnado debía expresar as súas opinións ao respecto. Reflexionamos sobre a obxectivación que a moda fai das mulleres e logo tamén repasamos con Roi fotos e varios titulares machistas, que suscitaron moitos comentarios e reflexións. A parte que maiores emocións suscitou no grupo foi un vídeo con clips de Pablo Motos en El hormiguero.
Por último, vemos unha escena da serie El barco, onde se producía un diálogo repleto de machismo no que un home lle esixía a súa parella cero contacto con ningún outro home. Retomaremos isto nunha actividade práctica noutra sesión.
Nesa outra sesión, fixeron un cómic cambiando o diálogo para darlle un xiro.