Iniciouse a actividade do confinamento cun intercambio de vídeos entre os rapaces e rapazas de Bueu e os da República Dominicana. Previamente responderon un cuestionario que lles permitise concretar a quen e onde é que irian enviar os seus vídeos.
Todo funcionou ben porque Roi se fixo cargo da dirección da actividade, indicándolles o que debían facer e como e respondendo todo tipo de preguntas sobre o que se estaba a realizar.
O obradoiro durou máis do esperado, porque Roi sinalou que se trataba de comparar as condicións de vida de Santo Domingo e de Bueu e unha alumna interviu indicando que non se sentía ben nesta situación, pois parecía que os de Bueu ían ostentar un nivel de vida moi superior e iso podía facerlles sentir mal aos dominicanos e dominicanas.
Aínda que Roi explicou que esa non era a intención, senón a de reflexionar sobre o acceso a determinados bens e servizos básicos, que nós damos por garantidos mais que non forman parte da rotina da maior parte da humanidade.