De novo Roi guiou o grupo a través do mundo da publicidade, nomeadamente da da industria alimentar, na que 10 empresas controlan o 90% do negocio total, co que iso implica na explotación laboral, o esgotamento de recursos etc. Roi apoiou a súa información con datos, provenientes sobre todo de OXFAM.
Causou moito abraio entre alumnas e alumnos o anuncio alterado de Kit-Kat no que se contaba o verdadeiro impacto da produción destas chocolatinas, algo que non se corresponde coa imaxe creada polas súas campañas publicitarias.
Finalmente todos puideron crear, coa axuda dunha aplicación que indicou Roi, os seus anuncios de publicidade alterada denunciando a manipulación de que somos obxecto.