Neste obradoiro do EpdLab, o grupo de 2ºC do IES de Brión traballou con publicidade.
En concreto, aprendimos de onde veñen as cousas que consumimos e o seu impacto na sociedade. Moitas veces non nos decatamos da influencia que a publicidade ten en nós e é importante que saibamos recoñecer as súas estratexias de venda.
Despois de reflexionar, pusimos en práctica o aprendido utilizando CANVA e creamos os nosos propios deseños publicitarios!