Peche do EpDLab: O mural de coñecementos

Con moita tristeza poñemos punto final a este curso do EpDLab, pero non poderiamos facelo de mellor modo que facendo un percorrido polos temas tratados e os traballos feitos durante este curso.

Compartimos todo nun mural online, e nel fomos recollendo as nosas aprendizaxes: distinguimos actitudes sexistas, identificamos desigualdades do mundo, discursos de odio, e recoñecemos cando nos enfrentamos ás fake news, aprendemos que non todas temos os mensos dereitos e que debemos loitar por vivir nunha sociedade máis xusta e mellor, todo a través de ferramentas dixitais que nos serviron para crear contido.

Foi unha experiencia do máis enriquecedora coa que aprendimos moito e que sen dúbida lembraremos sempre. Moitas grazas a Roi e a María por facelo tan doado e a todo o alumnado pola súa participación!