Todas podemos facer voluntariado e neste obradoiro aprendimos que se todas poñemos o noso pequeno grao de area e contribuímos, lograremos vivir nun mundo mellor.

Primeiro tratamos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as alianzas para acadalos coa cooperación internacional e vimos que temos na nosa man facer do mundo un lugar máis xusto. Un bo modo de iniciarse é a través das ONG galegas ou do Servizo de Voluntariado Internacional, que conta con multitude de proxectos en distintos países do mundo en distintos sectores.

A cooperación internacional e o voluntariado son dúas experiencias que cambian a vida de todas as que as realizan. Implicándonos podemos cambiar as cousas. Anímate!