Que hai detrás de todos eses anuncios das grandes empresas? Quen está detrás da industria alimentaria? E das multinacionais que controlan o mercado mundial? Cal é o custo real do noso consumo?
A todas estas preguntas démoslle resposta no obradoiro 7 do EpDLab sobre contrapublicidade e soberanía alimentaria. Descoñecedores dos trucos que empregan, neste obradoiro puidemos profundizar máis no mundo da publicidade e as marcas, coñecendo as estratexias de venda de productos e a mensaxe que ocultan.
Decatámonos tamén da realidade e analizamos o impacto que estas campañas teñen sobre países productores que elaboran o que nós mercamos, para por último espertar a nosa creatividade e convertirnos en creadores de contrapublicidade denunciando todo aquilo que non nos gusta mediante o deseño de cartaces. Velaquí una mostra do traballo feito polo alumnado de 3º da ESO!