Esta actividade reúne aos centros participantes no proxecto cada ano, e o alumnado traballa en grupos intercentros para crear un produto comunicativo ao redor dun tema concreto. Este ano, esta xuntanza realizouse de xeito virtual, nun espazo online e nun tempo definidos que facilitara a interacción en liña de todas as persoas que participan no proxecto: profesorado, alumnado e equipo técnico de Agareso.
Como resultados deste proceso, publicáronse 4 tipos de traballo:
- Vídeo-respostas para as persoas que colaboraron con nós dende 5 países diferentes, gravadas en formato selfie.
- Conclusións: fotografías das anotacións nun papel ou nun documento dixital que recollen o proceso de aprendizaxe ao longo desta actividade.
- Carteis para unha campaña de comunicación polo acceso universal a servizos básicos e a recursos sociais e sanitarios.
- Memes: como comecei a sesión de hoxe e como a remato.
Todos estes materiais son parte dun mesmo traballo que busca poñer en valor o acceso universal a recursos básicos para unha vida digna. Este mapa interactivo permite acompañar ao noso alumnado nunha viaxe virtual de defensa da equidade e dos dereitos humanos.
(pódense ver os traballos navegando polo mapa ou pola listaxe que se visualiza ao facer click na icona )