DI NON AOS PREXUÍZOS

Atención, pregunta: Que estereotipos racistas están presentes e arraigados na nosa sociedade? Como vemos a realidade que nos rodea? Que prexuízos están xa asentados e xeran actitudes discriminatorias?

A todas estas cuestións démoslle resposta no noso quinto obradoiro do EpdLab. Comezamos aclarando as nocións de racismo e xenofobia para centrarnos posteriormente nos prexuízos existentes na sociedade con respecto ao pobo xitano e analizar certas novas nas que aparecen borrosas certas palabras. En pequenos grupos e cunha pequena dose de imaxinación, vimos que cada unha das noticias relacionada coa poboación xitana ten una linguaxe xornalística propia.

Despois pasamos a comentar algúns programas de telerrealidade que contribúen a perpetuar estes estereotipos. A partir da nosa reflexión e coa axuda de María e Moisés, confrontamos as nosas emocións e ideas coa representacións que fan os medios e puxémonos mans a obra para crear slogans que invitaran a derrubalos.

A diversidade é riqueza e non responde aos estereotipos. Acabemos con eles.