Obradoiro 5: xitanofobia.

O mes de febreiro falamos de racismo. Neste caso, centrámonos nun colectivo específico como é o das persoas xitanas. Este obradoiro facémolo como peche do bloque sobre “estereotipos, prexuízos e racismo” e dende hai uns anos realizámolo centrándonos nas persoas xitanas quen, pese a formar parte da nosa sociedade, teñen que cargar con moitos estereotipos que a miúdo se reforzan nos medios de comunicación.

Para isto valémonos de diferentes materiais da Fundación Secretariado Gitano. Traballamos con eles a partir da empatía e da educación emocional. Falamos bastante nesta sesión de como te fai sentir ou como te sentirías en diferentes situacións. Para nós é un traballo interesante porque habitualmente todas as sesión traballamos en grupos e son bastante ruidosas pero, neste caso, traballamos con un maior silencio e buscamos a concentración individual.

Cando na segunda parte do obradoiro retomamos o traballo en grupos e facemos a posta en común, polo xeral, hai moitos momentos de sorpresa ao saber que todo o que falamos previamente se refería ás persoas xitanas. Tamén hai moitas preguntas sobre ese colectivo. Isto reforza aínda máis a idea da importancia da educación para poder fomentar o respecto a outras culturas, de como o coñecemento é a base do entendemento mutuo. A sesión termina coa elaboración de mensaxes a prol da tolerancias ca as persoas xitanas ou de outras culturas que o alumando converte nun texto animado.

 

Por | 2020-03-20T14:33:23+00:00 2 Marzo, 2020|Animación, Blog, Colectivos Culturais, Racismo e Xenofobia|