1. For the birds. PIXAR
Despois de ver a curta iniciase unha posta en común para trocaren ideas sobre o contido como metáfora das relacións humanas. As alumnas e alumnos interveñen para reconstruír o acontecido e relacionar o mesmo co comportamento dos seres humanos, como un exemplo do mecanismo da discriminación.
Raza, racismo e xenofobia: Roi fai brevemente unha distinción de cada un dos conceptos.
2. Proxéctanse diapositivas para explorar os propios sentimentos en relación con diferentes testemuñas de persoas obxecto de discriminación que fan unha declaración e aparecen desenfocadas. Trátase de escribir cada persoa aquilo que lle suxiren as diapositivas.
3. Como o anterior, mais con persoas que conseguen os seus obxectivos, para falar daquilo que precisaron para logralo.
4. Noticias desenfocadas. Fanse preguntas sobre noticias que se poden ler de xeito incompleto, tratando de completalas.
5. Un vídeo de xitanos feito por xitanos, onde denuncian a manipulación nos medios de comunicación que os converte nun tópico co cal non se identifican.
6. Roi conclúe a xornada pedindo que cada grupo cree un meme cun un texto animado alusivo ao racismo empregando a app que previamente tiñan instalado nos seus móbiles.