Novo obradoiro do Epdlab para comenzar o ano. Atención, pregunta: saberías recoñecer unha noticia falsa? Todo o que se publica nas redes ou nos medios é verdade? Parece mentira o fácil que é espallar unha información falsa ou modificada ata convertela nunha verdade recoñecida pola maioría. 

Comenzamos traballando con distintos textos, intentando aclararnos en pequenos grupos sobre se eran noticiais reais ou non. Debemos confesar que cometemos algúns erros, porque en ocasións o sesgo que se lle dá a unha noticia fai que pareza falas, e noutros, quen deseña o texto dálle unha apariencia tan informativa que o consideramos sen dúbida real.

Continuamos coa análise de portadas de distintos medios escritos sobre un mesmo tema: como pode ser posible que os titulares sexan tan distintos e creen en nós ideas tan afastadas?

Despois de ver un vídeo sobre como recoñecer falsas noticias e analizar datos reais sobre determinadas ideas que se extenden coma a pólvora sobre inmigrantes e refuxiados, o alumnado creou os seus vídeos desmentindo os bulos con datos reais e obxectivos.

Recordade: é imprescindible contrastar a información que recibimos a través de redes e medios.

 

 

Ata a próxima.

IES Milladoiro