No noso cuarto obradoiro do EpdLab analizamos a subxectividade dos medios de comunicación e afondamos un pouco máis no mundo das fake news. A través de artigos extraídos de distintos medios,  reflexionamos sobre o papel que xogan á hora de contar historias que asemellan certas, mais distan bastante da realidade.

 

 

O alumnado tivo a oportunidade de indagar sobre distintos rumores que se atopan bastante extendidos na nosa sociedade e que afectan fundamentalmente ás comunidades minorizadas.

Ademais, contrastamos os datos oficias co que en última instancia nos trasmiten os medios, sendo conscientes de que nunha inmensa maioría de casos estes artigos distan moito da realidade.

 

Por último, os/as alumnxs do Pintor Colmeiro de Silleda participaron na creación dos seus propios videos nos que extraían as súas propias conclusións sobre varios datos relacionados coas persoas migrantes.

Unha tarde do máis productiva da man de Roi!