O uso da información da moito de si! No último EPDLab, reflexionamos sobre como a manipulación da información pode chegar a ser perigoso.

María mostrounos distintas noticias (algunhas do máis peculiar!) e tivemos que decidir cal era verdadeira e cal falsa. Tamén reflexionamos sobre a manipulación de datos, sobre todo dos datos relacionados cun tema da actualidade: a migración. Para rematar, empregamos distintas app de edición de vídeos para facer os nosos propios “contra-Fake news”.